CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnado do IES Lauro Olmo do Barco, na exposición de pintura de Jesús Díaz Ferrer

 

Un grupo de alumnos do IES Lauro Olmo do Barco realizaba esta mañá unha visita á exposición “Esencial”, conmemorativa do centenario do pintor desta vila Jesús Díaz Ferrer (1922-2022). No seu percorrido polas oito “esencias” nas que está estruturada a mostra (inspiración, lembranzas, sociedade, interior, paisaxe, formas, mirada e imaxinación) estiveron guiados polo comisario da mesma, o artista e historiador da arte barquense Luis Enrique Rodríguez Arias “Coquixo”.

A ampla cultura artística de Díaz Ferrer e o seu dominio de distintas técnicas fan posible, tal e como destaca Coquixo, que “nestas pequenas obras atopemos linguaxes como o realismo, o fauvismo, o construtivismo, o expresionismo, o op art ou pop art, pintado á acuarela, témpera, pastel, carbón, acrílicos ou creados co emprego de colaxes”.

A mostra “Esencial”, instalada na sala de exposicións de Abanca do Barco, poderá visitarse ata o 18 de xuño.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button