CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnado e profesorado do IES Martaguisela do Barco, en Rumanía

Esta é a primeira mobilidade de alumnos do centro barquense no proxecto europeo Erasmus Plus
Exterior do IES Martaguisela no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

No marco do proxecto europeo Erasmus Plus, este mediodía aterraban en Rumanía as profesoras do IES Martaguisela Rose Deus e Milagros Lago, acompañadas por seis alumnas e un alumno de 4º de ESO deste centro barquense.

“Esta é a primera mobilidade de alumnos, que convivirán durante unha semana con familias dese país. O centro de ensino que acolle aos nosos xoves e profesoras está situado na cidade de Oradea, ao noroeste do país”, explican dende o IES Martaguisela.

Alí continuarán realizando actividades relacionadas co patrimonio cultural dos países que participan neste proxecto: Francia (La Martinica), Grecia, Croacia, Rumanía, España e Polonia (país que presentou á Axencia Europea a proposta desta iniciativa).

Segundo se adianta dende o IES Martaguisela, as seguintes mobilidades xa se levarán a cabo no curso 19-20 e se realizaranse en Polonia, Croacia e España, “onde acolleremos aos outros cinco países no mes de febreiro”.

Artigos relacionados

Back to top button