ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos do CEIP Princesa de España de Verín visitan a Biblioteca Municipal

Un total de 25 alumnos de cuarto e quinto curso de primaria do CEIP Princesa de España do Concello de Verín visitaron esta mañá as instalacións da Biblioteca Pública Municipal da vila.

Durante esta actividade, organizada pola propia biblioteca, os rapaces coñeceron o servizo bibliotecario e o funcionamento das instalacións municipais. Para iso, fixeron unha visita guiada con explicación de todos os espazos físicos e das diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano.

Desde o Concello indican que actuacións coma esta están pensadas para fomentar o interese pola lectura e pola cultura nos nenos, á par que se dinamiza a biblioteca, xerando o hábito de acudir a ela.

Fotos: Carlos Montero.

Artigos relacionados

Back to top button