CulturaCulturaEducaciónEn portadaÚltima hora

Alumnos do CEIP Bibei de Viana realizan o Camiño de Santiago dende Ourense

Seguindo a Vía da Prata, ata o momento fixeron dúas etapas: Ourense-Cea e Cea-Dozón

 

Entre a cultura e a relixión se move o proxecto sobre o Camiño de Santiago no que está inmerso o CEIP Bibei de Viana do Bolo, neste segundo Ano Xacobeo. Un proxecto de centro que leva a un grupo de 18 alumnos (de 5º e 6º de Primaria) e catro profesores, a facer por etapas unha parte da Vía da Prata, dende Ourense ata Compostela.

As dúas primeiras etapas realizábanas nas xornadas deste mércores 9 e xoves 10 de febreiro. “Onte saímos dende a Catedral de Ourense, onde recibimos a bendición do Bispo Monseñor Leonardo Lemos e chegamos ata Cea onde fixemos noite”, explican dende o centro, destacando desa primeira xornada de peregrinación a visita ao Mosteiro de Oseira e o estupendo albergue onde fixeron noite.

 

Alumnos e profesores do CEIP Bibei diante da Catedral de Ourense.

 

A segunda etapa, entre Cea e Dozón realizábana hoxe, regresando despois ao punto de partida. “A terceira e cuarta etapa farémola antes de Semana Santa, deixando o final para o mes de maio”, adiantan dende o CEIP, engadindo que este proxecto conta coa colaboración do Concello de Viana do Bolo e de Protección Civil.

Para os nenos, que recibiron felicitacións polo bo comportamento nestas dúas etapas, é sen dúbida unha experiencia única para coñecer un pouco máis sobre a ruta xacobea que ten como destino a Catedral de Santiago e a tumba do Apóstolo.

 

Os nenos xunto a unha das sinais do Camiño.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button