CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos do CEIP Condesa de Fenosa descubren o proceso de elaboración do viño

Uns 40 cativos de 4º de Primaria visitaron a Adega Cooperativa Jesús Nazareno do Barco

Dende que entran os tractores cargados de uvas ata que o mosto se transforma nos viños brancos e tintos que se distribúen en botellas de cristal corchadas e etiquetadas. O alumnado de 4º de Primaria do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (uns 40 cativos) pudo comprobar in situ todo o proceso de elaboración do viño.

Facíao na mañá do 6 de novembro durante a visita á Adega Cooperativa Jesús Nazareno do Barco de Valdeorras, no marco do programa “Coñece a túa contorna” no que traballa o centro escolar. Tal como explican dende o colexio o programa inclúe dúas visitas anuais a lugares da localidade de relevancia cultural, histórica, etnográfica, industrial, comercial, económica e/ou social, e como o mundo do viño é un dos motores económicos da comarca “compría realizar unha visita á adega máis grande e con máis soci@s da Denominación de Orixe Valdeorras”, aseguran.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button