CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco plantan árbores autóctonas no monte do Coutado (Viloira)

Trátase dunha actividade de Educación Ambiental organizada polos Axentes Ambientais e os Bombeiros Forestais de Valdeorras

 

No verán de 2022 Valdeorras sufría un dos peores incendios que se lembran, a raíz do cal se veñen desenvolvendo accións de reforestación dende diferentes colectivos públicos e privados. Na mañá deste mércores 28 de febreiro era o alumnado de 4⁰ e 5⁰ de Primaria do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco) quen desenvolvía unha actividade de Educación Ambiental no monte do Coutado (Viloira) organizada polos Axentes Ambientais e os Bombeiros Forestais de Valdeorras, consistente nunha plantación de árbores autóctonas.

 

 

A maioría das árbores foron aportadas polos técnicos forestais e algúns castiñeiros procedían dos viveiros de aula creados na época do magosto a partir da actividade denominada “O indulto da castaña”. Tal como explican dende o centro escolar, este obradoiro de concienciación ambiental completouse cunha charla previa no centro por parte dun Axente Ambiental que lle transmitiu ao alumnado coñecementos sobre a Rede Natura 2000, Parques Naturais, recoñecemento de pegadas de animais, técnicas e instrumental utilizado para sofocar incendios, entre outras cousas.

 

 

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button