CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosSen categorizarÚltima hora

Alumnos do IES Lauro Olmo visitan a mostra “Crónica de Maio. París 1968”, no Barco

Entre os visitantes que están a percorrer a primeira exposición póstuma do pintor Jesús Díaz Ferrer no seu pobo natal, O Barco, estaban o 9 de maio un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato de Historia da Arte do IES Lauro Olmo. Acompañados polos seus profesores, facían unha visita guiada polo historiador da arte e estudoso da obra de Díaz Ferrer, Luís Enrique Rodríguez Arias “Coquixo”.

A mostra, que poderá visitarse ata o 14 de maio na sala Abanca do Barco, reúne 55 obras en papel e madeira, acrílicos e tintas augadas en cor e branco e negro que retratan os sucesos de maio de 1968 en París, que este pintor vivía en primeira persoa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button