CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do Pablo VI-Fátima, IES Cosme López e CEIP Manuel Respino asisten á estrea na Rúa do documental sobre Florencio

‘Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z’ de Arraianos Producións e dirixido por Aser Álvarez, proxectouse no Centro Cultural Avenida

 

Coa proxección do documental ‘Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z’ de Arraianos Producións na Rúa, despiden o ano As Letras de Florencio.

Á estrea simultánea no Centro Cultural Avenida da Rúa e máis en Youtube, asistían alumnos do Pablo VI-Fátima, IES Cosme López e CEIP Manuel Respino, ademais do director do documental, Aser Álvarez, que presentou a peza e conversou co público tanto na sala, como a através do chat de YouTube.

O domingo 18 ás 20 horas farase tamén a pre-estrea da longametraxe documental ‘Florencio na Terra’, de SocialDocs e dirixido por Domingo D. Docampo, tamén no cine da Rúa. A asistencia a ambas proxeccións é libre ata completar aforo.

 

O directo do documental, na proxección na Rúa.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button