Coa actuación de Amancio Prada no Teatro Lauro Olmo na tarde-noite do domingo 21 de xaneiro remataba o programa da XXII Festa do Botelo do Barco.
E facíao cun cheo total para escoitar ao cantautor berciano que chegaba ao Barco especialmente emocionado por ser a terra da súa avoa materna.
Diante dun concorrido público e durante máis de hora e media, o artista interpretou un variado repertorio no que non faltaron temas do seu novo disco Prada Prada nin tampouco algún galego.
Entregado como estaba, cando parecía que o concerto chegara ao seun fin, o músico aínda interpretaba un par de pezas extra, de pé e coas luces medio encendidas. Tamén asinaba discos na entrada do teatro.
Fotos cedidas.