CulturaCulturaÚltima hora

‘Amantis’ obra escrita por Xacio Baño e Tamara Canosa, este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco

Xacio é autor, director e cineasta vencellado familiarmente a Valdeorras

 

O vindeiro venres 14 de abril ás 21 horas, o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acollerá o espectáculo teatral ‘Amantis’ a cargo da comparía Rebordelos.

Trátase dun texto escrito por Tamara Canosa e Xacio Baño (autor, director e cineasta vencellado familiarmente a Valdeorras) que conta a historia de M, un rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado e que polo camiño topará coas trampas “dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser”, aseguran dende a compañía.

 

 

A peza explora a brecha xeracional entre nativos e non nativos dixitais, tentando comprender como inflúen as Redes Sociais, o selfie e o sexting na formación da identidade propia e nas relacións interpersoais.

É un espectáculo “unipersonal que conxuga música, humor e acidez convocando aos teatros a diferentes xeracións para reflexionar en común sobre os retos, dificultades e pegadas culturais da era dixital”, din dende Rebordelos. Un retrato “das novas linguaxes coas que nos relacionamos e de como estas inflúen dun xeito determinante na identidade. Unha ollada desprexuizada e optimista, pero consciente das trampas que a hiperconexión e o voraz enfoque mercantil das RRSS gardan para a liberdade, a intimidade e a igualdade de oportunidades”.

Artigos relacionados

Back to top button