ConcellosLaroucoÚltima hora

Ambiente festivo en Larouco

 

Larouco celebra hoxe a XVIII Festa do Cordeiro. Unha cita gastronómica que fiste de festa a localidade Valdeorresa.

A primeira hora tiña lugar o campionato de petanca co que se inauguraban as pistas, a carón do pavillón polideportivo onde terá lugar o xantar que, a partir das 14 horas reunirá a unhas 800 persoas; e durante a mañá soaba polas rúas a música do grupo Algarabía.

 

 

A festa contará, entre outros, co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que era recibido pola alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela. Ademais hoxe tamén facía parada na estrada central do pobo, a carón dos bares onde a xente tomaba o vermú, a food truck de “Galicia Sabe aMar” con deustacións de delicias culinarias co peixe como protagonista.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button