DeportesÚltima hora

Amigable internacional de veteranos, este sábado no campo de fútbol do Aguillón

C.D. Rúa e Brangança enfrontaranse a partires das 19h. nun partido en homenaxe póstumo a Vicente Solarat
Xogada do C.D. Rúa-Brangança disputado en setembro de 2016. /Foto: Mónica G. Bellver.

Como cada verán, despois da liga o fútbol de veteranos regresa ao Aguillón. Desta volta será un novo partido amigable entre dous vellos coñecidos: o C.D. Rúa e o Bragança.

Non é a primeira vez que o equipo luso se achega ata A Rúa para xogar e pasar unha tarde cos veteranos locais que tamén teñen ido en varias ocasións a Portugal, xa que teñen “unha especie de irmandade”, explica David Pérez dende o C.D. Rúa, aproveitando a ocasión para convidar á afección a achegarse ata campo de fútbol este sábado 21 de xullo.

Con entrada gratuíta, o partido comezará ás 19 horas pero antes, gardarán un minuto de silencio como signo de respecto e dó polo falecemento do pai de Noé, un dos veteranos do equipo rues. E xa no descanso, sortearase un pack de viño entre os que mercaran rifas.

Ademais, dende o equipo queren rendir unha máis que merecida homenaxe póstuma a unha persoa moi vinculada ao fútbol na Rúa: Vicente Solarat. Fai anos que faleceu pero na memoria de todos os veciños está aínda a súa figura, percorrendo e mantendo intacto (persoalmente) o campo de fútbol. Por iso será a súa viúva, acompañada polos seus fillos, que faga o saque de honra uns minutos antes de comezar o encontro.

 

Cartel anunciando o amigable.

Artigos relacionados

Back to top button