CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Amigos do Camiño Lalín-Deza fan parada en Éntoma e O Castro (O Barco)

Un grupo da asociación está facendo o Camiño de Inverno en 14 etapas. Hoxe tocaba a 3ª entre Puente de Domingo Flórez e O Barco

Valdeorras segue recibindo peregrinos nacionais e estranxeiros. Desta volta era un grupo da Asociación Amigos do Camiño Lalín-Deza os que chegaban ao Barco despois de percorrer os 18 quilómetros que separan á capital valdeorresa de Puente de Domingo Flórez.

De aí saían a docena de peregrinos pontevedreses que están facendo o Camiño de Inverno en 14 etapas. Hoxe, domingo 4 de agosto tocaba a terceira. Saían de Lalín en autobus ás sete da mañá para comezar a andaina dende O Puente en torno ás nove, pasando por Pumares, Sobradelo, Éntoma e O Barco de Valdeorras (final de etapa). De feito o Concello barquense era o lugar no que a concelleira de Comercio e Turimos do Barco, Irene Dacal, os ía recibir aínda que finalmente retrasábanse e a propia Irene acercábase ata Éntoma para saudalos. Alí repartía obsequios aos peregrinos, acompañada pola presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias.

Os camiñantes tamén fixeron parada no Pazo do Castro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button