CulturaCulturaÚltima hora

Amplíase ata 10 de agosto o prazo para enviar os vídeos para o ‘Got Talent’ de San Roque (A Rúa)

 

A Asociación Cultural Sabugueiro ten xa todo preparado para as grandes festas da Rúa Vella que se celebrarán do 16 ao 23 de agosto na honra a San Roque. Unhas festas que este ano contarán coa actuación dalgún talento (cantante, cómico, bailarín,…).

Para iso, dende a asociación puxderon en marcha o seu particular ‘Got Talent’ para todas as idades. Para participar, todo aquel que teña algún talento especial e queira, ten que enviar ao 650 27 73 44 un vídeo de 1 minuto de duración como máximo no que demostre todo o seu arte, e participar nas audicións.

O seleccionado actuará o xoves 18 de agosto na praza César Conti no marco das festas. Ademais haberá tres premios: 1º de 100 euros; 2º un agasallo; e 3º unha camiseta da Asociación Sabugueiro.

A data límite para enviar os vídeos amplíase ata o 10 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button