Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Ana Miranda asume o escano do BNG no Parlamento Europeo

Nun pleno celebrado o 28 de febreiro en Bruxelas tomaba posesión do seu escano como eurodeputada do BNG Ana Miranda. Isto permitiralle a formación nacionalista “continuar o traballo en defensa do país pero pisando o acelerador con máis intensidade e con máis potencia, sabendo que vai ser o útil o noso traballo”, en palabras de Miranda. E neste sentido afirma que o escano que ocupa no Parlamento europeo “é o escano de Galiza en Europa” e que terá “un marcado carácter social”.

Tras tomar posesión, Miranda fixo fincapé en que desde o seu escano traballará “para evitar que Galiza quede discriminada nas negociacións dos fondos estruturais”. Ao respecto, explicou que unha das prioridades do Bloque radica en traballar para que Galiza non saia perdendo no reparto futuro dos fondos de cohesión, “dos que mesmo podería quedar excluía cos criterios que baralla a Comisión Europea para o período orzamentario 2020-2027”.

Así mesmo, para a eurodeputada do Bloque cómpre presentar iniciativas centradas na defensa dos servizos públicos e do emprego, posto que “a recuperación económica da que fala o Partido Popular é unha mentira, xa que non trae aparellada a recuperación social senón a pobreza nas traballadoras e traballadores”.

Artigos relacionados

Back to top button