DeportesÚltima hora

Andaina circular pola comarca trivesa, o 1 de xullo

Será organizada polo Club Montaña Trives e tera como punto de saída e meta a vila trivesa
A andaina sairá dende a vila de Trives e pasará por diferentes puntos da comarca como Manzaneda./ Foto: Carlos G. Hervella.

17,5 km que percorrerán diferentes puntos da comarca das Terras de Trives. Esa será a distancia que cubrirá a andaina que organizará o vindeiro 1 de xullo o Club Montaña Trives. Os participantes sairán de Trives, e máis en concreto da Cafetería O Cafeto, ás 9h. Dende alí iniciarán un traxecto que pasará pola Cabalar, Sobrado, Manzaneda, o Castiñeiro de Pombariños, Castro e que, finalmente, voltará a Trives.

Esta andaina, de dificultade moderada, contará cun punto de avituallamento no citado Castiñeiro de Pombariños, no concello de Manzaneda.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través do correo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O prezo da actividade será de 2 euros para os socios e de 4 euros do club para os non socios.

 

Cartel desta andaina organizada polo Club Montaña Trives.

Artigos relacionados

Back to top button