Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Andaina de Quiroga ao Miradoiro de Vilañán, o 17 de outubro

 

Retómanse nas Andainas Val de Quiroga. Así para o vindeiro 17 de outubro está prevista unha ruta de 13 km entre Quiroga eo Miradoiro de Vilañán, cun traxecto considerado de dificultade media-baixa.

Esta iniciativa, promovida dende o Concello de Quiroga, é unha “ruta non competitiva con reagrupamentos”. A saída farase dende a praza España ás 9:30h. da mañá. A inscrición é gratuíta e para poder realizala será necesaria unha participación mínima de 20 persoas, cun tope máximo de 55. Tras o percorrido, haberá uns pinchos no Centro Social.

As persoas interesadas poderán apuntarse na Casa da Cultura de Quiroga ata o vindeiro venres 15 de outubro.  A actividade desenvolverase aplicando as medidas anticovid que correspondan.

Artigos relacionados

Back to top button