ConcellosQuirogaÚltima hora

Andaina e campionato de bolos, entre as actividades da Festa da Madalena 2023, nos Anguieiros (Quiroga)

Celebraranse os días 29 e 30 de xullo e tamén inclúen actividades, infantís, actuacións musicais e cultos

 

Un ano máis, a Asociación Boca do Monte dos Anguieiros, na parroquia de Montefurado (Quiroga) organiza un completo programa de actividades para celebrar a Festa da Madalena prevista inicialmente para os días 22 e 23 que tiña que era posposta para o 29 e 30 de xullo por mor das eleccións xerais.

Como ben sendo costume, as actividades son diversas e para todos os públicos, incluíndo unha camiñada pola contorna, xogos infantís, unha presentación literaria, unha merenda popular, unha foliada, un campionato de bolos e os actos relixiosos na honra de Mª Madalena. Actividades que contan coa colaboración económica do Concello de Quiroga e a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, neste caso a través do programa TRADIGALU de poio e difusión da música tradicional.

 

O ventosiño.

 

Para o sábado 29 hai programada unha camiñada que comezará ás 9:30h. dende a entrada dos Anguieiros ata A Balsada, para despois volver ao punto de partida pola Enciñeira ou desandando o camiño para quen queira esta opción. Xa pola tarde, ás 17:30h. haberá xogos infantís como a chave, a billarda, os bolos celtas, tirar coa corda ou xogar aos zancos. E como remate, globos de auga. Ás 19:30h. terá lugar a presentación do libro “Bendollo sempre na memoria” de Xerardo Rodríguez, autor con raíces nos Anguieiros. E para rematar a xornada, a partir das 21h. merenda popular e foliada cos grupos tradicionais O Ventosiño de Monforte e Abertal da Rúa.

Para o domingo 30 está previsto o XI Campionato de Bolos Celtas con importantes premios para homes e para mulleres que comezará ás 10h. Despois, ás 12:30h. alborada con Abertal e ás 13h. misa e procesión. Sobre as 14h. aperitivo popular amenizado por Abertal e entrega dos premiso da rifa das festas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button