ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Andaina e deliciosos doces, no Magosto de Trives

Numerosas persoas desfrutaban na vila trivesa desta celebración tradicional protagonizada polas castañas asadas

A castaña convertíase o 5 de novembro na protagonista do Magosto trivés, pero de forma moi diversa. Xa pola mañá comezaban as actividades cunha andaina aos Sequeiros pensada para público de todas as idades. E, pola tarde, a partires das seis e media desenvolvíase o tradicional magosto no Patio de Santa Leonor, no que podían degustarse castañas asadas, acompañadas de chourizos, pan e viño. Numerosas persoas, tanto nenos como maiores, achegábanse ata o lugar para participar da festa.

Ademais, no marco do Magosto o Concello de Trives tamén promovía a cuarta edición do Concurso de doces típicos de outono, cunha notable participación. As elaboracións realizábanse con produtos da zona e típicos desta tempada como as propias castañas, noces, mazás, peras ou figos. Estas sobremesas expoñíanse e despois eran degustadas por todos os asistentes na tarde do sábado.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button