O alumnado de ESO do IES Lauro Olmo do Barco, acompañado de profesorado, ten previsto realizar o vindeiro día 23 de abril, con motivo do Día do Libro, unha Andaina e Romaría Literaria que percorrerá diversos espazos de carácter monumental do municipio.
Esta singular proposta, na que participarán 170 alumnos (de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO) e 25 profesores, comezarán a partires das nove da mañá coa saída dende o centro. A partir de aí iniciarase un traxecto con paradas en diferentes lugares (A Praia do Ouro, Igrexa da Pobra, Mosteiro de Xagoaza, Torre do Castro e A Madá), en cada un dos cales se lerán distintos textos.
Todos os grupos reuniranse a partires das 14h. no Salgueiral, onde se celebrará unha romaría-xantar de convivencia entre profesorado e alumnado. “Trátase de poñer en valor o patrimonio cultural e natural do noso concello”, explica Eladio Santos dende a Vicedirección do IES Lauro Olmo.