Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Andarines de Arcos no VII Villablino Trail

 

Máis de 500 persoas (300 corredores e 250 andarines) de diferentes Comunidades Autónomas, participaban na mañá deste domingo 5 de novembro na sétima edición do Villablino Trail organizada polo Concello.

Trátase dunha carreira de 10 quilómetros e 1.100 metros de desnivel por sendeiros de San Miguel e Sosas de Laciana, que contaba coa participación dun grupo de Andarines de Arcos (Vilamartín de Valdeorras).

 

Carlos López Gudiña.

 

Non é a primeira vez que estos andarines participan nesta proba. Polo menos Carlos López Gudiña que nesta ocasión baixaba o tempo do ano pasado en 3 minutos, a pesares do terreo “cheo de barro” e da auga, explica o propio Carlos que se fotografaba co campión Manuel Merillas “un dos 5 mellores de Europa en carreiras por montaña”, asegura.

 

Carlos co gañador Manuel Merillas.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button