Moi animada estivo a xornada do 31 de outubro en Valdeorras, con diferentes celebracións de Samaín ou ‘Halloween’ que cada vez teñen máis éxito e repercusión.
Pola tarde os pequenos percorrían as rúas e comercios do Barco recollendo gominolas co ‘truco o trato’ mentres na Rúa celebraban a súa primeira Pasaxe do Terror no recinto da Estación de Autobuses.
E xa pola noite chegaban as ceas. Unhas 40 persoas xuntábanse no Mesón Museo de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), para celebrar unha animada cea de ‘Halloween’ na que non faltaron os disfraces de bruxas e outros seres, así como un suculento menú que incluía entremeses, langostinos á plancha, osobuco e tarta.
Fotos cedidas.