ConcellosO BarcoÚltima hora

Animada cea de ‘Halloween’ no Casino do Barco

 

Por segundo ano consecutivo, o Casino do Barco sorprendía cunha animada e vistosa festa de ‘Halloween’, na xornada do 31 de outubro.

 

 

Pola tarde celebrábase unha festa infantil con animadora incluída e xa pola noite era o turno dos adultos cunha exitosa cea á que a maioría dos socios asistían “terrorificamente” difrazados (dos filmes El Exorcista, das nenas de El Resplandor, de mortos vivintes, de noiva cadáver, de bruxas,…).

 

 

O menú da cea estivo composto por entremeses, langostinos 2 salsas, costela asada con guarnición, postre, café e licores, ademais de viños mencía e godello. E trala cea chegaba o baile amenizado polo dj.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button