Na xornada do sábado 10 de decembro a Asociación San Cristóbal da Rúa inauguraba oficialmente o seu particular Nadal. Pola tarde comezaban a decorar as rúas da vila, cos elementos navideños que os membros da asociación e os colaboradores foron elaborando ao longo do mes; e pola noite celebraban a ‘Cea de Nadal Cristobalita’.
Máis de 120 persoas asistían á cea festiva no Casino da Rúa, onde degustaban un menú a base de ibéricos, langostinos, costela de tenreira con patacas asadas, postre, viño (godello e mencía), café e licores, seguida dun divertido concurso de playback.
Nunha das salas do Casino estaba exposto o “Carrito de Reyes” con todo tipo de produtos gastronómicos gourmet, que se sorteará coa Lotería de Reis.
Fotos: Mónica G. Bellver.