EconomíaEconomíaÚltima hora

Animada e soleada mañá de feira en Manzaneda

 

Mantendo todas as medidas de seguridade, a vila de Manzaneda vivía neste 22 de decembro unha animada xornada de feira, na que tamén acompañaba o tempo e saía o sol. Numerosos postos de diversos tipos de produtos, dende prendas de vetir ata produtos alimentarios como froita ou bacallau, instalábanse na zona coñecida como praza da farmacia.

Ademais os visitantes podían degustar o saboroso pulpo nos postos de tres pulpeiras, situadas nos seus lugares habituais. Tras percorrer o mercado, eran moitos os que decidían así mesmo facer unha paradiña nos bares da vila para tomar algo e desfrutar, sentados, dun petisco.

Xa dende primeira hora da mañá, os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda velaban para que se respectasen as normas de seguridade, primeiro comprobando as distancias necesarias entre cada un dos postos, e despois controlando a asistencia e comprobando que se respectasen as medidas anticovid.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button