CD TrivesDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

Animada III Xuntanza do Club Deportivo Trives no Campo do Agro

 

Por terceiro ano consecutivo, na xornada deste sábado 25 de maio o pasado e o presente do CD Trives (xogadores, ex xogadores, directivos, ex directivos e afeccionados) reuníase no campo do Agro nunha animada xuntanza á que asistían preto de 90 persoas.

O programa comezaba coma sempre xogando, cun igualado partido de fútbol entre o Náutico (o primeiro equipo de fútbol trivés) e o CD Trives, disputado nunha soleada mañá, coa animación dos afeccionados a pé de campo.

 

Camilo Fernández Barja, Camba, xogou 16 tempadas seguidas no CD Trives.

 

De seguido e tras refrescarse, tiña lugar o xantar baixo a carpa instalada no propio campo pero fóra do terreo de xogo no que non faltaba o sorteo de camisetas. Coa entrada, cada asistente recibía unha bufanda conmemorativa e unha rifa. Entre os  asistentes estaba Camilo Fernández Barja, Camba no mundo futbolístico, un dos máis veteranos, que xogou 16 tempadas no equipo de Trives, primero no Náutico e despois no CD Trives.

Non foi a edición máis numerosa pero non faltaron os abrazos, as charlas e as risas, esperando que para a seguinte xuntanza poidan contar co campo reformado. As obras nos vestiarios están a piques de comezar.

 

Asistentes á III Xuntanza do CD Trives./ Foto cedida.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:

O xantar do CD Trives reúne a preto de 90 persoas

Artigos relacionados

Back to top button