EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Animado concerto de Escalopendras na terraza do Bar Nevada, en Manzaneda

Esta noite haberá unha nova actuación a cargo de Ricardo Parada e a súa guitarra

 

A celebración de eventos musicais ao aire libre nos meses de verán, é un dos obxectivos que se marcaba Vladi Beya Álvarez cando se poñía á fronte do bar-restaurante hai algo máis dun ano. Cumprindo ese fin e no marco das festas patronais de Manzaneda (na honra á Virxe das Neves), na noite deste venres 6 de agosto o Bar Nevada de Manzaneda organizaba un animado concerto na terraza do establecemento a cargo da banda Escalopendras, formada por un nutrido grupo de músicos de diferentes localidades do oriente ourensán.

 

Escalopendras en concerto no Bar Nevada de Manzaneda.

 

Preferiblemente con reserva, o Bar Nevada ten unha variada oferta de pratos, dende callos ata un bo bacallau, aínda que a súa especialidade son as carnes á grella e os guisos, que traballa especialmente nas fins de semana.

 

Público asistente ao concerto.

 

Nesta segunda semana de agosto, a boa comida, a boa música e o mellor ambiente están garantidos. O venres cos Escalopendras que deron un animado concerto dentro do tour Rezo por min 2021 con temas moi variados, dende cumbias ou panchangas ata rock&roll e mesmo versións. E esta noite de sábado 7 de agosto, a partir das 22:30 horas subirase ao escenario do Nevada, Ricardo Parada e a súa guitarra.

 

O responsable do Bar Nevada, Vladi Beya, servindo unha mesa.

 

A idea de Vladi é seguir facendo actividades deste tipo, mantendo en todo momento as medidas sanitarias pertinentes e sempre que a situación o permita.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button