As comparsas desfilaron dende A Rodeleira ata a praza José Luis Núñez
Mañá haberá desfiles en moitos concellos (Viana do Bolo, Rubiá, Quiroga,…) e en moitos máis o martes, pero Vilamartín de Valdeorras adiantábase un ano máis a todos eles, celebrando o seu desfile de Entroido na tarde do sábado 10 de febreiro.
Dende A Rodeleira ata a praza José Luis Núñez desfilaron as comarsas inscritas: Os ratos e gatos de Arcos, o safari do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, os dálmatas e Córgomo e o folión Os Viticultores, ademais doutros grupos por libre.
Coma sempre, o Concello e os membros de Protección Civil coordinaron a comitiva que pechaba o folión.
Fotos: Mónica G. Bellver.