Como cada ano, a excepción do parón pola pandemia, na tarde deste venres 19 de abril o colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras celebraba por todo o alto as festas na honra á patroa cun animado e concorrido festival no que participa toda a comunidade educativa e máis xente da vila e arredores.
Dende os pequenos de 3 anos e ata os de 16 (4º da ESO), os alumnos desfilaban e bailaban con coidadas coreografía e ao ritmo de coñecidas cancións baixo a atenta mirada do público que abarrotaba o pavillón polideportivo do colexio.
Á parte dos bailes (dos pequenos encargábanse os profesores mentres os maiores creaban as súas propias coreografías), no festival non faltou o photocall, a música de dj e mesmo a actuación do malabarista Guti.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver salvo as dúas primeiras da galería que son cedidas.