A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Animado e enérxico inicio de curso no CEIP Manuel Respino da Rúa

 

Con alegría, enerxía e música recibían esta mañá aos alumnos no CEIP Manuel Respino da Rúa, para dar inicio a un novo e ilusionante curso escolar que volve á normalidade tralos dous anos de pandemia.

Divididos en grupos que entraban polas dúa portas de acceso que ten o centro público rues,  os pequenos entraban por un pasillo con alfombra vermella e globos coma se de estrelas de cine se tratara. E non é para menos, xa que para o colexio e os seus profesores, os alumnos son as verdadeiras estrelas polo que as recibían entre aplausos e ao son de animadas cancións como a mítica Bienvenidos de Miguel Ríos.

Así, como moita ganas e forzas, o CEIP Manuel Respino dá inicio ao curso 2022/2023 coa reforma case integral á que foi sometido o centro e con moitos proxectos novos  sobre a mesa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button