ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Animado magosto na praza Maior de Quiroga para celebrar o San Martiño

A festa estivo amenizada, un ano máis, polo Dúo Camelia

 

Ourense, Viloira (O Barco), Quiroga (Lugo),… Son moitas as localidades galegas que hoxe, domingo 11 de novembro, celebraron a festividade de San Martiño. Nesta úlitma, os actos comezaban xa pola mañá cos actos relixiosos e a sesión vermú na praza Maior.  E xa pola tarde na mesma praza, cuberta case na súa totalidade por unha carpa aínda que desta volta non choveu, houbo xogos infantís e o tradicional magosto popular, con centos de quilos de castañas e viño novo, ademais de baile amenizado polo Dúo Camelia.

Coma sempre foron moitos os veciños que se achegaron ata o lugar, para pasar un bo rato e de paso degustar as suculentas castañas recén asadas. Entre eles non faltaron membros da corporación municipal co alcalde Julio Álvarez á cabeza.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button