ConcellosO BarcoÚltima hora

Animado reencontro coa feira de Viloira (O Barco)

 

Despois dun mes sen celebrarse, neste 6 de marzo vén de recuperarse a tradicional feira mensual de Viloira (O Barco). Numerosas persoas están a visitar ao longo desta mañá este mercado, con postos de artigos moi diferentes (dende as tradicionais pulpeiras, pasando polos produtos agroalimentarios, prendas de roupa, mobiliario, etc.), animadas tamén polas suaves temperaturas e o sol.

A Policía Local controlaba a instalación dos postos para asegurar que se manteñen as distancias de seguridade establecidas pola normativa. Ademais o recinto feiral está marcado con valados e cinta para establecer sentidos e carrís de circulación para os visitantes, con entradas e saídas diferenciadas, co fin de evitar cruces entre as persoas que acudan á feira.

Artigos relacionados

Back to top button