CulturaCulturaÚltima hora

“Animal Sagrado”, un canto ao respecto polos seres vivos da man de Aporía Escénica no Barco

Esta obra infantil representarase o vindeiro venres 15 de marzo ás 20h. no Teatro Lauro Olmo

Arredor de tres animais moi especiais xira a proposta que Aporía Escénica presentará  vindeiro venres 15 de marzo ás 20h. no Teatro Lauro Olmo do Barco: “Animal Sagrado”. O gato en Exipto, o elefante en África e os peixes Koi o Xapón teñen a consideración de sagrados nesas cultura e neles se apoia esta montaxe, xerando deste xeito unha conexión entre a historia pasada e a presente, entre o lonxano ou exótico e a realidade cotiá.

Esta peza, interpretada por Diana Mera e Fran Lareu, ten unha duración duns 50 minutos e está dirixida a un público familiar. Nesta representación plantéxase un “reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade”, din dende a compañía.

 

Artigos relacionados

Back to top button