CD BarcoCD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa imponse no “mini derbi benxamín” disputando no Vicente Solarat Maceda contra o CD Barco

Os cadetes e os infantís tamén vencían ao Ourense CF e ao CD La Purísima, respectivamente

 

Intensa e positiva xornada de fútbol base a vivida neste sábado 15 de marzo no Vicente Solarat Maceda con ata tres partidos con outras tantas vitorias para o conxunto local.

Pola mañá disputábase o partido da xornada 8 cadete (2ª Futgal) entre CD Rúa e Ourense CF que se saldaba co 3-0 para os locais e, xa pola tarde, dobre sesión.

Primeiro xogaban os infantís (xornada 8 de 1ª Futgal), CD Rúa-CD La Purísima que se resolvía co 3-1; e de seguido comezaba o esperado “mini derbi benxamín” (xornada 21 da 2ª Futgal) entre o CD Rúa e o CD Barco que se saldaba cun contundente 6-1 para os amarelos.

As imaxes da galería corresponden ao derbi benxamín e as de abaixo ao partido infantil.

 

     

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button