ConcellosTrivesÚltima hora

Ante a previsión de chuvia os Reis Magos recibirán aos nenos de Trives o 5 de xaneiro no colexio

Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello da Pobra de Trives informan que, ante a previsión de chuvia este domingo, 5 de xaneiro, os Reis Magos Melchor, Gaspar e Baltasar agardarán polos nenos e nenas no salón de actos do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, “onde escoitarán as peticións dos máis pequenos e cos que compartirán, ademais dos tradicionais caramelos, algúns agasallos traídos dende o lonxano oriente”.

Coa recepción a cuberto, a auga que agardan as previsións meteorolóxicas non impedirá desfrutar dunha tarde de ilusión xunto ás SSMM Os Reis Magos en Trives.

Artigos relacionados

Back to top button