ConcellosO BarcoÚltima hora

Ante a previsión de chuvia para a fin de semana a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo celebrarase no Campo da Festa

Un dos stands da Feira o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende o Concello do Barco veñen de informan do cambio de ubicación da Feria de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico de Galicia e Norte de Portugal, que estaba previsto celebrar nesta fin de semana na praia fluvial. Igual que o ano pasado, cando decidían instalala na praza do Concello, “hai previsións de chuvia e decidiuse cambiala para o Campo da Festa, no Paseo do Malecón, onde se instalará unha carpa para garantir que a chuvia non complica la celebración”, din.

Xunto coas casetas da Feria, cámbiase tamén o escenario para o JamFest de AMAVA así como para as actividades paralelas.

 

 

A feira contará con 20 produtores gastronómicos de Galicia e Norte de Portugal (de Vila Flor, Pontevedra, Mirandela, Bragança, Valdeorras, Manzaneda, Vilardevós, Cea, Miranda do Douro, Lugo, Viana, A Estrada, Ourense…); así como 2 artesáns galegos.

O horario será de once a dúas pola mañá e de cinco a nove pola tarde e haberá degustación e venda. A iniaguración será o sábado ás 11 horas. Ademais e coma sempre haberá actividades complementarias para todos os públicos: obradoiros, cata de produtos e moita música.

Máis información:

A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico volve á beira do río, no Barco

Artigos relacionados

Back to top button