DeportesÚltima hora

Anxela Fernández (C.D. Rúa) convocada pola selección de Ourense sub 12

A xogadora do equipo benxamín B participará no torneo de Seleccións Comarcais
A xogadora do C.D. Rúa, Anxela Fernández Fernández.

Os cativos do C.D. Rúa non deixan de dar boas novas. Se a mediados de outubro, Anxela Fernández Fernández era convocada xunto a outras dúas xogadoras, pola selección de Ourense sub 12 para participar nun partido no campo “Antonio González Blanco”, agora a xogadora do equipo benxamín B do Rúa, volve estar convocada, desta volta para participar no torneo de Seleccións Comarcais.

Segundo a nota remitida ao presidente do club rues pola delegación de Ourense da Federación Galega de Fútbol, a xogadora deberá personarse o vindeiro 6 de decembro ás 7:45h. no campo de fútbol O Couto de Ourense “provista de atuendo deportivo e útiles de aseo, para a celebración do acto que se expresa”.

A primeira fase do campionato de Seleccions Comarcais, organizado pola Federación Galega de Fútbol, celebrarase no campo de O Conco (Dumbría) o día 6. A competición seguirá o sistema de liga e o primeiro partido do equipo feminino de Ourense contra Vigo comezará ás 11:15h. e o segundo, contra Pontevedra, ás 12:45h.

 

Artigos relacionados

Back to top button