CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Anxela Fernández (CD Rúa), convocada pola Selección Galega Sub 15 feminina

O equipo de fútbol, vixente subcampioa de España, traballará o xoves 3 de novembro a partir das 17 horas no campo da Braña, en Rois

Anxela Fernández (CD Rúa).

 

As Seleccións Galegas sub 14 e sub 16 masculinas e as sub 15 e sub 17 femininas non descansan e regresan esta semana ao traballo co punto de mira apuntando á primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas. As sub 15 e sub 17 femininas xogarase o pase en Asturias ante Murcia e as anfitrioas, Asturias, entre os días 9 e 11 de decembro.

Nas seleccións femininas, a sub 15 de Vicky Vázquez, vixente subcampioa de España, traballará o xoves 3 de novembro a partir das 17 horas no campo da Braña, en Rois, e entre as convocadas pola seleccionadora figura a ruesa Anxela Fernández.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button