A primeira hora desta mañá aparecía flotando nas augas do río Miño o corpo dun varón de 77 anos. “Varios particulares apreciaron o corpo da vítima flotando no río e contactaron decontado co 112 para advertir do achado. A primeira chamada do aviso ao 112 Galicia tivo lugar ás oito e media desta mañá. O alertante indicaba que o vía dende a ponte, na rúa de Curros Enríquez”, segundo informa o 112 Galicia.
A partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron en marcha un dispositivo “no que interviñeron os servizos sanitarios, os axentes da Policía Nacional e Local, os Bombeiros de Ourense e os efectivos de Protección Civil. Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron o rescate da persoa. As forzas da orde investigan as causas do suceso”, segundo o 112 Galicia.