Tras nove días de intensa e desesperada busca a familia de Alejandro Marín Aares, o xove desparecido en Ponferrada o 27 de xullo, recibía a peor das noticas. Na mañá deste luns 5 de agosto o seu corpo aparecía sen vida ao lado do coche, preto do encoro de Bárcena.
Era un apicultor que pasaba pola zona a primeira hora quen vía, primero o coche e despois a el fóra, pasando aviso aos servizos de emerxencia.
Alejandro rexentaba unha perruquería en Ponferrada e tiña familia en Valdeorras, que dá as grazas a toda a xente que se involucrou e colaborou na difusión da súa imaxe. “O único que queríamos era difusión e que se compartira canto máis mellor e así o fixeron, polo que damos as gracias por axudarnos na busca”.