En portadaÚltima hora

Aparecen niños secundarios de velutina en Petín e Vilamartín

Un deles está en Freixido de Abaixo e o outro moi preto de Valencia do Sil

A caída da folla está deixando ao descuberto, tal e como xa se esperaba, máis niños secundarios de Vespa velutina na comarca de Valdeorras neste outono. É o caso do que acaba de aparecer na zona de Freixido de Abaixo (Petín), nas proximidades da estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña) no segundo desvío a Freixido. Xa se deu aviso ao 012 para que interveña. Está situado no alto dun chopo.

 

Niño de velutina no alto dun chopo en Freixido./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Outra imaxe do niño secundario de velutina en Freixido./ Foto cedida.

 

 

Ademais na xornada do 25 de novembro descubríase outro niño secundario de velutina no lugar de Santiago, en Valencia do Sil (Vilamartín). Trátase dun niño de grandes dimensións e está tamén na parte alta dunha árbore, pero neste caso dun castiñeiro.

Dende a Asociación Valdeorresa de Apicultores  o seu presidente, Armando Rodríguez, destaca a importancia de avisar se se localizan niños deste tipo xa que este é o momento no que as raíñas de velutina saen, fecúndanse e van hibernar e van dar lugar, así, a novos niños no seguinte ano. “Dun niño grande poden saír ata cen raíñas por iso é moi importante interrumpir ese ciclo e evitar que se estenda con rapidez. Pode que aínda non sexa tarde, por iso é fundamental a concienciación e colaboración dos cidadáns ante esta problemática”.

As fotos da galería son do niño de Freixido (fotos: Carlos G. Hervella).

 

Niño secundario de velutina localizado en Santiago (Valencia do Sil. Vilamartín)./ Foto cedida.

 

Outra imaxe deste niño, situado nun castiñeiro./ Foto cedida.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button