ConcellosO BarcoÚltima hora

Aparecen raspados os troncos das árbores taladas que estaban rebrotando na praia fluvial do Barco

 

Os actos de ataques contra as árbores do Barco semellan ter continuidade. Así o explican os veciños aludindo en concreto a tres das que aparecían inicialmente cortadas a mediados de xullo na praia fluvial do Malecón. Así, esas árbores estaban volvendo a rebrotar pero, alguén quitou eses brotes e raspou o tronco na zona na que estaban, tal e como comentan indignadas as persoas que acostuman pasear pola zona. Esa acción pode aprezarse nas imaxes tomadas desas árbores.

Tan só unha das árbores deste grupo de 4 que resultaban taladas a mediados de xullo quedaba á marxe desta intervención e conserva os rebrotes.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button