
A través dun comunicado publicado nas redes sociais, a organización do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask, de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, vén de anunciar o aprazamento da edición do 2021. Este encontro de festas de inverno, principalmente de diferentes puntos da península, acostumaba celebrarse no mes de xaneiro.
“Ante todo debemos protexer a saúde e o benestar das persoas. Temos a esperanza de que, se a situación mellora e as condicións nolo permiten, ao longo do 2021 se poida celebrar unha premascarada como adianto do que en 2022 temos pensado organizar: un festival o máis internacional posible que volva encher as rúas das nosas vilas de cultura, tradición, sentimento e alegría”.