EconomíaEconomíaÚltima hora

Aprázase a II Feira da Cervexa Artesá en Ourense

Por mor da chuvia a mostra celebrarase na fin de semana do 26 ao 28 de setembro na cidade
Imaxe da pasada edición da Feira da Cervexa Artesá de Ourense./ Foto: cedida por C. Áncora.
Imaxe da pasada edición da Feira da Cervexa Artesá de Ourense./ Foto: cedida por C. Áncora.

As condicións meteorolóxicas que se prevén para esta fin de semana levaron á organización da segunda edición da Feira da Cervexa Artesá Galega de Ourense, cuxa inauguración estaba prevista para a tarde do 19 de setembro, a aprazala. Finalmente será do 26 ao 28 de setembro, cando se celebre, mantendo o programa e tamén a ubicación, na avenida de Pontevedra (Alameda) e cun horario de 12h. a 00h. “A programación non sufrirá ningún cambio”, matizan dende a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, responsable da organización.

Ao longo de tres días nesta cidade será posible descubrir, desfrutar e comparar os matices, aromas e sabores de ata 50 tipos diferentes de cervexas elaboradas de forma artesanal na provincia e noutras zonas de Galicia. Así no seu recinto feiral poderán visitarse os postos de Cervexa Áncora (Ourense), Cervexa Menduíña (Pontevedra, Cangas), Cervexa A Dama Alaricana (Ourense, Allariz), Cervexa Trisk-Ale (Pontevedra, Nigrán), Cervexa Aurium (Ourense), Cervexa Saramagal (Pontevedra,Barro) , Cervexa Santo Cristo (Ourense), Cervexa KELTIUS (Ourense), Cervexa Deep Taste (Ourense), Cervexa O Afiador (Ourense) e Cervexa Nós (Vigo, Mós).

o programa da mostra inclúe asemade propostas como concursos, charlas divulgativas sobre esta bebida, a presentación dunha nova marca de cervexa da cidade ou accións formativas, ademais de concertos. No recinto feiral actuarán o venres ás 20:30 horas o cantautor ourensán “Yomelo Montosolo” e ás 22:30 h. o grupo de versións dos 60,70 e 90 “ The Covers Band”. Asemade o sábado haberá un concerto “Thetetas Van” (ás 22h.) e o domingo outro do grupo de versións vigués “Blue Monk” ás 23h.

Texto: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button