CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Aprázase o festival “Espírito Ribeiro” polas previsións de chuvia para esta fin de semana

Estaba previsto inicialmente para os días 1, 2 e 3 de setembro na Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle

Imaxe da primeira edición de Espírito Ribeiro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A organización do festival “Espírito Ribeiro” acordaba esta mañá o aprazamento da terceira edición do evento, prevista para os días 1, 2 e 3 de setembro na Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle. “Unha decisión tomada para garantir a seguridade tanto dos artistas, adegas e produtores da contorna así como para lograr unha óptima experiencia do público en xeral ante as malas previsións meteorolóxicas para os próximos tres días”, explican.

Ademais, a organización lamenta as molestias que este aprazamento poida causar pero entende que “é a mellor solución para que este festival de sabores, música, mercado e produto de proximidade poida desenvolverse nas mellores condicións posibles”. Nos próximos días darase a coñecer tanto a nova data do festival como a programación definitiva, que se agarda que sexa moi similar á actual.

O aprazamento do festival xa foi comunicado aos seus patrocinadores, Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, e ás entidades colaboradoras: Denominación de Orixe Ribeiro, Abril, Bétula Cars, Cabreiroá, Caldaria Hoteles y Balnearios e Gadi

Artigos relacionados

Back to top button