DeportesÚltima hora

Aprázase o galego de atletismo Sub10, Sub12 e Sub14 de pista cuberta, previsto para esta fin de semana en Ourense

A Federación Galega de Atletismo vén de tomar esta decisión tras unha xuntanza da Xunta con todas as federacións deportivas da comunidade

 

A Federación Galega de Atletismo (FGA) vén de comunicar a súa decisión de aprazar o Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 previsto para esta fin de semana en Ourense. Esta entidade acordaba esta medida “a través dos seus órganos de goberno, e logo de ter escoitado as autoridades da Xunta de Galicia na xuntanza mantida esta mesma tarde con todas as federacións deportivas”.

A FGA tamén sinala no seu comunicado que “lamenta enormemente a situación orixinada, máis o estado excepcional que se está a vivir implica a adopción de medidas responsables e previsorias cara a unha situación que desexamos sexa transitoria”.

Ademais esta entidade indica que “en función da evolución da crise, irase informando, segundo se vaian ampliando as advertencias e recomendacións dos gobernos español e galego así como das autoridades sanitarias”.

 

Artigos relacionados

Back to top button