CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Aprendendo a arte tradicional de facer falar ás campás, en Trives

Esta tarde impartíase un obradoiro de toque manual de campás dentro do congreso internacional de patrimonio cultural e natural

 

O campanario da igrexa parroquial de Trives acollía esta tarde unha singular actividade divulgativa: un obradoiro de toque manual de campás da man de José María Benítez (do grupo de Campaneiros de Estremadura) e de Francesc Llop, considerado un dos maiores coñecedores da temática da campá.

 

 

Ademais participaba un campaneiro trivés, Héctor Estévez, que de feito era o que iniciaba a sesión amosando os toques locais aos asistentes e que se emocionaba ao volver facer soar as campás do seu pobo. Este veciño de 83 anos explicaba que aprendía a tocar con apenas 15 anos. Despois tocaban os outros dous campaneiros.

 

 

 

Esta iniciativa estaba enmarcada no programa do congreso internacional de patrimonio cultural e patrimonio natural que se desenvolvía os días 10 e 11 de novembro en Trives coa presenza de diversos expertos internacionais. Tras a parte práctica do obradoiro, os participantes baixaban e, dentro da igrexa, Benítez ofrecía unha serie de explicacións sobre os toques e sobre a arte tradicional de facer falar as campás.

 

 

 

Ademais esta tade a organización do congreso entregáballe un detalle conmemorativo do evento (no que se representaba tamén á espada do Bronce de Mouruás) aos rexedores de Trives, Patricia Domínguez, e de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez, ademais de ao edil trivés de Cultura, José Luis Vidal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button