EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Aprendendo a catar uvas e viños nun curso promovido pola Ruta do Viño de Valdeorras

Desenvólvese neste sábado 23 de setembro e está impartido polo director técnico do CRDO Valdeorras

 

A partir das 11h. deste sábado poñíase en marcha o curso de cata de uvas, mostos e viños “De tal uva, tal viño”, que promove nesta fin de semana a Ruta do Viño de Valdeorras. Mediante esta actividade eminentemente práctica preténdese “facer chegar aos participantes os principais conceptos organolépticos e enolóxicos para a elaboración dos viños”, indican dende a asociación. Esta acción formativa, na que participan 24 persoas, impartirase neste 23 de setembro, cunha duración de 6 horas en xornada partida, de mañá (11’00 a 14’30) e de tarde (17’30-20’00) no Complexo Hostaleiro Paladium (Villamartín).

O curso está sendo impartido polo director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e consta de dous apartados. Por unha banda está a cata de uvas, mostos e viños brancos da D.O. Valdeorras: godello, jerez, dona branca, treixadura… e a cata de uvas e viños tintos da D.O. Valdeorras: mencía, garnacha tintureira, sousón, brancellao…

 

 

Tamén se propón, como en ocasións anteriores, a posibilidade de realizar unha visita na xornada do día 24 de setembro en horario de (11’30-14’00) ás adegas de Entoma, Virgen del Galir e Roandi, para catar mostos coas uvas colleitadas durante esta vendima e finalizar cunha comida ás 14:30 no Bar O Retorno A Rúa, composto por un menú variado que inclúe polbo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button