CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Aprendendo a facer cestas á beira do río no Mini SilFest do Barco

A actividade forma parte do programa do SilFest Valdeorras que se celebra esta fin de semana

Continúan as actividades á beira do río Sil, no marco do Mini SilFest que se está desenvolvendo no Barco de Valdeorras. Na mañá do 21 de xullo tocáballe aos vellos oficios, cun obradoiro de cestería. Con toda a súa paciencia, o cesteiro Joaquín Diéguez de Santigoso, amosaba aos cativos como elaborar fermosas cestas e mesmo sombreiros.

O programa de actividades infantís inclúe ademais sesión de rocódromo e cicruíto de aventura, hinchábeis, xogos tradicionais en familia, pintura de cara e globoflexia e mesmo a posibilidade de viaxar en kaiak. Ademais, a partires das sete da tarde haberá un espectáculo de circo a cargo de Kote Malabar e pola noite a proxección do último filme de Disney, Coco.

No recinto do festival, tamén hai postos con comida (a cargo de Mantesil) e bebida, e un de Cruz Vermella con voluntarios e servizo de enfermería incluído.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button