CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Aprendendo a sentir e a tocar as matemáticas

De Nai a Nai organizaba no Barco un interesante taller Montessori adicado a esta materia o 25 de maio

O pensamento matemático é algo que xa se posúe dende o nacemento. E dende esa idea partíase no Taller Montessori sobre matemáticas que se desenvolvía no Barco na xornada do 25 de maio na sede da Asociación De Nai a Nai. Esta formación estaba impartida por Mercedes Urbiola, de Galicia Montessori. Estaba dirixido a familias con nenos de 0 a 14 anos.

“No taller puidemos comprobar que as matemáticas pódense tocar e sentir. Nenos pequenos (4-5 anos) son capaces de traballar todo tipo de operacións con grandes cantidades xa que faise dunha forma totalmente manipulativa e visual. Sempre vaise dun concepto concreto a un abstracto”, explican dende a Asociación De Nai a Nai, organizadora desta acción formativa.

Nos últimos meses De Nai a Nai vén organizado diversos talleres de educación Montessori cunha moi boa acollida entre pais, nais e tamén formadores.

Fotos: De Nai a Nai.

 

Artigos relacionados

Back to top button